Monday 16 de September de 2024

O primeiro espectáculo de circo de mañá en Santa Cruz trasládase á polideportiva de Meixonfrío


Esta tarde comeza a celebración do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Santa Cristina acollerá o espectáculo de circo de Ricky, el profesor de tenis (20:00 h, Parque José Martí) e o concerto de Black Quinteto (20:30 h, praza Afundida).

Mañá sábado Santa Cruz acollerá dous espectáculos de circo. O primeiro, o de Kanbahiota, cambiará de ubicación e celebrarase na polideportiva de Meixonfrío, ás 20 h. O de SU.MA mantense ás 21:15 h na praza Esther Pita.

O festival finalizará o domingo co concerto infantil Uxía Lambona e a Banda Molona (12:30 h, Parque da Lagoa de Mera) e co espectáculo de danza contemporánea de Daniel Rodríguez, Eva Comesaña e Raquel Ferradás (21:00 h, Parque José Martí).